Publicador de contidos
Publicador de contidos

Praga de moscas na zona tomiñesa de Carregal

Praga de moscas na zona tomiñesa de Carregal

Os insectos son moitos e moi resistentes

G24.gal 14/04/2023 13:59

Máis de cen euros ao mes gastan os veciños de Carregal en insecticidas e dispositivos para  eliminar as moscas cando chega o bo tempo. Pásalles desde tres anos. Son unha especie moi resistente que sobrevive a fornos e lavadoras.

Apenas poden saír ás leiras ou aos porches e van con moito coidado cando comen ou cociñan. No principal bar da parroquia ata adquiriron unha máquina de ozono para matalas.

Os veciños pensan que a orixe pode estar nalgún fertilizante, penso animal ou mesmo que alguén as bote á mantenta desde o aire.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade