Cargando resultados...
As localidades de Tomiño e Cerveira, unidas pola arte nun certame de pintura
As localidades de Tomiño e Cerveira, unidas pola arte nun certame de pintura
O certame de pintura ao aire libre entre as dúas cidades duplicou nesta edición os inscritos
G24.gal
18/08/2024 14:35
Última actualización 18/08/2024 14:47
Galicia e Portugal únense tamén grazas á arte. Este domingo estase a desenvolver na eurocidade Tomiño-Cerveira a duodécima edición do certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández, un pintor da localidade que acadou sona internacional.
Os participantes espállanse polos lugares máis singulares de ambas as vilas. Familias enteiras, afeccionados, e profesionais da arquitectura e da banda deseñada comparten parques e beiras do río.
O certame pretende ser un homenaxe ao insigne pintor de Goián, pero tamén a ese Miño que tanto une como separa.