Publicador de contidos
Publicador de contidos

Premiado un innovador proxecto sobre microplásticos da Universidade da Coruña

Premiado un innovador proxecto sobre microplásticos da Universidade da Coruña

Dez anos investigando plásticos de tamaños ínfimos para crear estándares efectivos de análise

O galardón recibido é o Ernesto Viéitez Cortizo, outorgado pola Real Academia Galega de Ciencias

 

G24.gal 16/03/2024 14:11 Última actualización 16/03/2024 14:38

Doce millóns de toneladas de plástico. Esa é a inxente cantidade destes residuos que chegan ao mar cada ano. Logo vén un longo proceso de degradación que vai xerando fragmentos mínimos. Son os micro e nanoplásticos que acaban inxerindo os peixes. Un aspecto significativo é que a metodoloxía analítica aínda é feble para identificalos, monitorizalos e analizar o impacto na saúde humana.

"O reto está posto en reducir o tamaño de partículas que podemos medir e dispoñer de métodos que nos permitan avaliar cada vez partículas e microplásticos de menor dimensión", sinala Soledad Muniategui, catedrática de Química Analítica da UDC.

Este proxecto premiado do Grupo de Química Analítica Aplicada da Universidade coruñesa inclúe un método moi barato de análise que emula e degradación dos plásticos no mar. Pero ao mesmo tempo investigan tamén a presenza dos microplásticos no aire orixinados en estradas e mesmo nalgunhas zonas de lecer.

"Os microplásticos procedentes do desgaste dos pneumáticos nas rodadas en estradas, o uso destes materiais nos parques infantís e como recubrimentos de zonas deportivas", acalara Soledad Muniategui.

Os microplásticos están no aire que respiramos, acumúlanse en case todo tipo de ecosistemas e o impacto nos humanos está rodeado de incógnitas. Este equipo ten claro que aínda queda todo un mundo por investigar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade