Publicador de contidos
Publicador de contidos

Premian unha app de seguimento de pacientes que ofrece o CHUAC

Premian unha app de seguimento de pacientes que ofrece o CHUAC

Os familiares poden acceder ao estado do paciente que se atopa en urxencias

G24.gal 23/11/2021 21:56

Seguir en tempo real e desde o móbil a evolución dun familiar que permanece en urxencias. É o servizo que presta o Complexo Hospitalario da Coruña e que acaba de ser recoñecido cun galardón á excelencia na xestión sanitaria. 

Cando un paciente entra nas urxencias no complexo hospitalario da Coruña, recibe un código QR ao que pode acceder a través dos caixeiros do hospital e tamén se pode acceder co teléfono móbil.

Trátase dunha ferramenta semellante á que xa utilizaban a nivel interno os profesionais das urxencias, agora a disposición de pacientes e familiares. As familias que agardan novas poden obtelas, incluso desde a casa, o que reduce a angustia da espera.

Un servizo que acadou o premio IESE-Novartis á excelencia na xestión sanitaria na edición deste ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar