Publicador de contidos

Publicador de contidos

Prenden por vez primeira a estrela que culmina a Torre de María na Sagrada Familia

Prenden por vez primeira a estrela que culmina a Torre de María na Sagrada Familia

 A estrela de cristal e aceiro, con doce puntas, quedará prendida ata o 9 de xaneiro 

Será un dos novos atractivos da noite de Barcelona 

G24.gal 08/12/2021 21:04

Unha enorme estrela de cristal de cinco toneladas e media de peso coroa e ilumina desde este serán unha das torres máis altas da basílica da Sagrada Familia en Barcelona.

Centos de persoas asistiron con emoción ao momento en que se prende por vez primeira este novo atractivo da cidade, colocado a 138 metros de altura, os que mide a Torre de María, dedicada á Virxe, a segunda en  altura do templo.

Desde a mañá os arredores da basílica acolleron actos litúrxicos e artísticos que se foron sucedendo ata o serán como a estrea da composición coral que acompañou o momento ou a mensaxe do Papa.

A estrela de doce puntas quedará prendida ata que pase o Nadal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade