Publicador de contidos
Publicador de contidos

Preocupación en Europa polo impacto da política económica de Trump

Preocupación en Europa polo impacto da política económica de Trump

O primeiro impacto será a aplicación de aranceis ás importacións

Os aranceis do 60 por cento que anunciou Trump aos produtos chineses farán que estes tamén cheguen a Europa a un prezo máis alto

G24.gal 06/11/2024 14:27

Algúns expertos destacan a importancia da economía no resultado das eleccións dos Estados Unidos. Iso a nivel interno. Pero está por ver como afectará a política económica que vaia desenvolver Donald Trump a Europa e a España. O primeiro impacto será a aplicación de aranceis ás importacións.

Os datos macroeconómicos avalaban a Administración Biden, pero o día a día dos norteamericanos, un peto das familias que se resentía pola inflación, puido ter unha incidencia destacada na vitoria de Trump.

A economía tivo peso nas eleccións. E xorde a preocupación  sobre a repercusión que poida ter no resto do mundo, e en concreto en Europa, a política económica que vai implantar Donald Trump. O primeiro impacto serán as medidas arancelarias.

Os aranceis do 60 por cento que anunciou Trump aos produtos chineses farán que estes tamén cheguen a Europa a un prezo máis alto. E iso podería repercutir na inflación na Unión Europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade