Empresas galegas, preocupadas pola crise coa Arxentina
Empresas galegas, preocupadas pola crise coa Arxentina
Só no sector pesqueiro están en xogo 250.000 euros en importacións e 5.000 postos de traballo
Pero a inquietude esténdese tamén ao téxtil, á automoción e á alimentación
Rueda di que traballará para evitar prexuizos ás empresas galegas na Arxentina
Ata o porto de Vigo chegan cada ano 50.000 toneladas de peixe e marisco importado da Arxentina por valor de 250 millóns de euros, sobre todo pescada austral ou negra que se comercializa para toda Europa. A crise preocupa o sector e pon en risco importantes investimentos.
Preocupa tamén a repartición de cotas do que están pendentes os armadores con barcos na Arxentina. Pero o da pesca non é o único sector preocupado, a situación afecta tamén as exportacións de empresas galegas do téxtil, da automoción e da alimentación.
Galicia é a comunidade autónoma con máis investimentos na Arxentina.