Publicador de contidos
Publicador de contidos

Derrúbase un edificio de dez pisos na Arxentina con varias persoas dentro

Derrúbase un edificio de dez pisos na Arxentina con varias persoas dentro

Os bombeiros buscan posibles desaparecidos entre os cascallos

O inmoble sinistrado é un apartahotel situado nunha zona costeira da provincia de Bos Aires

Arquivo / EFE/ Leo La Valle Arquivo / EFE/ Leo La Valle
G24.gal 29/10/2024 11:52

Un edificio de dez pisos que albergaba un aparthotel na localidade costeira de Villa Gessell, na provincia de Bos Aires, derrubouse este martes por causas ata o de agora non determinadas. 

Segundo explicou o xefe do operativo de rescate, aproximadamente o 80 % da estrutura do inmoble derrubouse. Agora, os bombeiros buscan entre os entullos posibles desaparecidos. Calculan que no edificio podía haber no momento do sinistro arredor dunha decena de persoas.

Os bombeiros buscan unha decena de persoas desaparecidas

A derruba do Aparthotel Dubrovnik ocorreu media hora despois da medianoite. “O edificio tiña os planos aprobados e tiña permiso de obra dun ascensor para a parte dianteira do inmoble", explicou o alcalde da cidade, Gustavo Barrera. "O que caeu foi o fondo e ao redor de dez pisos”. O mandatario local aclarou que parte da derruba afectou unha vivenda lindeira.

Segundo explicou Barrera, hai varias persoas atrapadas entre os entullos, pero aínda non as teñen cuantificadas nin saben como están. “Non temos información certeira de que houbese persoas vivindo no apartahotel. Calculamos que habería unhas seis ou sete persoas. E no edificio lindeiro dúas ou tres persoas máis”, agregou.

Pouco despois, o xefe do operativo, Hugo Piriz, precisou que a busca céntrase en oito ou nove persoas que estaban nos primeiros tres andares do hotel.

No lugar están a traballar preto dun cento de bombeiros e persoal de emerxencias, incluíndo algúns de cidades veciñas.

Villa Gessell é unha cidade turística situada na costa da provincia de Bos Aires, cuxa poboación se multiplica nos meses estivais. Actualmente, primavera no hemisferio austral, non hai grande ocupación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade