Cargando resultados...
Presentación da segunda tempada da serie 'Operación Marea Negra'
Presentación da segunda tempada da serie 'Operación Marea Negra'
A Xunta de Galicia subvenciona a produción con 350.000 euros
G24.gal
15/02/2023 20:53
Última actualización 15/02/2023 20:59
Este mércores presentouse no Salón Teatro de Santiago a nova entrega da serie Operación Marea Negra, producida por Ficción para Prime Video e rodada en Galicia cunha subvención do Hub Audiovisual da Xunta.
O Conselleiro de Cultura destacou o auxe que está a vivir o audiovisual galego. Roman Rodríguez referiuse aos recentes éxitos nos Goya ou ás seleccións de Matria, Sica ou Samsara na Berlinale.
Os actores Luis Zahera, Diego Anido e Manuel Manquiña interviñeron no acto en representación do reparto da serie dirixida por Daniel Calparsoro.