Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unhas 5.300 persoas optan a unha das 119 prazas de persoal subalterno da Xunta

Unhas 5.300 persoas optan a unha das 119 prazas de persoal subalterno da Xunta

Estaban inscritas case 12.500 persoas e deuse unha participación do 42,5 %

En toda a fin de semana houbo exames para cubrir 238 prazas na Administración autonómica

G24.gal 09/07/2023 14:27 Última actualización 09/07/2023 15:00

A Xunta celebrou este domingo no recinto feiral de Silleda as oposicións da agrupación profesional de persoal subalterno da Administración autonómica. Hai 119 prazas ofertadas.

Para esta proba estaban convocados un total de 12.444 aspirantes, dos que finalmente se presentaron 5.286, co que a participación foi do 42,5 %.

En toda a fin de semana houbo exames para cubrir un total de 238 prazas nas categorías de auxiliar de clínica, auxiliar coidador e persoal subalterno.

Un operativo formado por preto de 280 persoas controlou o sábado e o domingo que todos os procesos selectivos se desenvolvesen de xeito correcto e con total seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade