Prevén unha primavera 'leve' para os alérxicos ao pole das gramíneas
Prevén unha primavera 'leve' para os alérxicos ao pole das gramíneas
A escaseza de chuvias no inverno reduce agora a floración das plantas
A reacción das plantas á contaminación aumenta a capacidade alerxénica do pole
O uso das máscaras no exterior reduciu moito os síntomas das alerxias a primavera pasada
O 20 % por cento das alerxias débense ao pole, e a gran maioría por mor das gramíneas. Pero os que son sensibles a este po van ter sorte, de entrada, esta primavera grazas a que o inverno foi moi seco. "Pero agora está chovendo e pode haber unha polinización máis tardía", advirte Carmen Vidal, xefa do Servizo de Alergoloxía da Área Sanitaria de Santiago.
"Choveu menos e, polo tanto, vai haber menos pole no aire neste comezo da primavera"
Entre un 12 e un 15 % da poboación sofre algún tipo de alerxia, e a incidencia vai en aumento. Ese incremento atribúese en parte ao efecto da contaminación nas plantas.
"As plantas son seres vivos e adáptanse á contaminación xerando unhas proteínas de defensa que teñen máis capacidade de producir alerxia"
A incidencia do pole esta primavera dependerá tamén do fieis que se manteñan os alérxicos a seguir levando a máscara en exteriores, como se probou na temporada pasada. "Tiveron menos síntomas, grazas ao uso das máscaras, si", confirma a doutora Vidal.