Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeira aparición en público de Cristina Fernández tras o atentando

Primeira aparición en público de Cristina Fernández tras o atentando

Non fixo declaracións pero saudou os seus seguidores

O detido é un brasileiro vinculado a grupos de odio

G24.gal 03/09/2022 09:26 Última actualización 03/09/2022 17:58

Primeira imaxe da vicepresidenta arxentina, Cristina Fernández, tras o atentado sufrido ás portas do seu domicilio o xoves pasado pola noite. A mandataria abandonou a vivenda sen facer declaracións pero saudando os seus seguidores.

O intento de magnicidio, apuntáronlle ao rostro cunha arma, produciuse no medio da vixilia permanente de simpatizantes Kirchneristas que se instalaron dende o 22 de agosto xunto á residencia da vicepresidenta.

O detido é un home de nacionalidade brasileira de 35 anos que non conta con antecedentes penais no seu país de orixe. 

Visita do presidente, da xuíza e do fiscal

A primeira aparición en público de Cristina Fernández prodúcese despois de recibir a visita do presidente do país, Alberto Fernández, con quen mantén unha tensa relación desde hai meses polas súas discrepancias en política económica. O encontro entre presidente e vicepresidenta durou algo menos dunha hora.

Tamén se desprazou ata o domicilio, a xuíza e o fiscal que levan a investigación. A maxistrada inspeccionou o lugar e interrogou decenas de testemuñas, incluída a propia vicepresidenta. Unha das testemuñas contou que viu como o agresor intentaba disparar en dúas ocasións pero a pistola atascóuselle.

Mentres, o único detido negouse a responder ás preguntas da xuíza. A policía, que rexistrou a súa casa e inspeccionou o seu móbil, intenta determinar se Sabag actuou só ou por encargo.

Protesta na rúa

E todo acontece nunha xornada, declarada non laborable, en que milleiros de arxentinos saíron á rúa para condenar o atentado frustrado contra Kichnner. A marcha máis multitudinaria rematou na praza de Maio.

Grupos Kirchneristas acusan a oposición e os medios de axitar a violencia contra a vicepresidenta con discursos de odio.
Pola contra, os opositores cren que o ataque é unha montaxe para desviar a atención das causas de corrupción.

O 22 de agosto un fiscal pediu 12 anos de prisión para Cristina Fernández de Kirchner por presuntas irregularidades na concesión de obras públicas durante a etapa do seu goberno. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade