Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tranquilidade nas tendas na primeira fin de semana de rebaixas de xaneiro

Tranquilidade nas tendas na primeira fin de semana de rebaixas de xaneiro

Abrigos, calzado, roupa interior ou obxectos para o fogar son as adquisicións máis habituais

Os estudos apuntan a que cada galego gastará 85 euros nesta campaña

G24.gal 11/01/2025 14:23

Primeira fin de semana de rebaixas nas rúas e nos centros comerciais de Galicia. Na contorna da rúa do Príncipe vimos establecementos con descontos de ata o 70 %, pero con medias de 30 % ou 40 %

Os clientes cos que puidemos falar están bastante satisfeitos  da campaña deste ano. Abrigos, calzado, roupa interior ou obxectos para o fogar son as adquisicións máis habituais.

Os estudios apuntan a que cada galego gastará 85 euros nesta campaña. Os máis previsores acoden os primeiros días e cos prezos anteriores aprendidos, os menos avezados acaban mercando a nova colección.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade