Publicador de contidos
Publicador de contidos

Probadores interactivos colectivos con cita previa, o novo modelo que Bershka inaugura na Coruña

Probadores interactivos colectivos con cita previa, o novo modelo que Bershka inaugura na Coruña

Os probadores estarán equipados cun sistema de recoñecemento de pezas

G24.gal 30/04/2024 16:30 Última actualización 30/04/2024 16:50

Inditex inaugurou na Coruña o seu novo modelo de tenda Bershka con probadores colectivos con cita previa, que permiten facer reservas de media hora de duración para dúas ou catro persoas nunha contorna interactiva e equipados cun sistema de recoñecemento de pezas.

Responsables do estudo internacional de arquitectura OMA, encargados do deseño, destacaron que se trata dun proxecto que empezou fai tres anos para evolucionar dunha área comercial clásica e "integrar en diferentes espazos a nivel visual" os servizos que ofrece a firma.

Responsables do proxecto explicaron durante a presentación que este establecemento é o modelo da firma Bershka para centros comerciais, o primeiro inaugurado deste estilo pola firma no mundo.

A nova tenda conta con 1.100 metros cadrados de venda e está deseñada cunha fachada de aceiro inoxidable opaco con grandes aberturas que permiten ver a dinámica do interior.

O novo concepto integra os diferentes percorridos dos visitantes no seu proceso de compra, tanto en liña como física, e redefine o espazo comercial arredor dos servizos máis que aos produtos, segundo explicaron. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade