Publicador de contidos
Publicador de contidos

Procesados Txapote, Amaia e outros catro ex-xefes de ETA polo asasinato dun empresario

Procesados Txapote, Amaia e outros catro ex-xefes de ETA polo asasinato dun empresario

A xuíza explica na súa resolución que todos eles formaban parte do Comité Executivo de ETA no período de tempo en que se decidiu, planificou e materializou o asasinato de Francisco Arratibel en 1997

O ex-xefe militar de ETA Francisco Javier García Gaztelu, Txapote O ex-xefe militar de ETA Francisco Javier García Gaztelu, Txapote
G24.gal 09/07/2024 12:31

A xuíz da Audiencia Nacional María Tardón procesou a Francisco Javier García Gaztelu, Txapote, a Irantzu Gallastegui, Amaia, e a outros catro ex-xefes da organización terrorista ETA pola súa presunta responsabilidade no asasinato, o 11 de febreiro de 1997, do empresario Francisco Arratibel na localidade guipuscoana de Tolosa.

 Os outros catros exdirixentes de ETA procesados son Jose Javier Arizcuren Ruiz, Kantauri; Miguel Albisu Iriarte, Mikel Antza; Ignacio Miguel Gracia Arregui, Iñaki de Rentería, e Soledad Iparraguirre, Anboto.

A xuíz explica na súa resolución que todos eles formaban parte do Comité Executivo de ETA no período de tempo en que se decidiu, planificou e materializou o asasinato do empresario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade