Publicador de contidos
Publicador de contidos

Programa de inserción laboral en Galicia para as persoas paradas de longa duración

Programa de inserción laboral en Galicia para as persoas paradas de longa duración

Busca axustar os perfís profesionais das persoas desempregadas ás novas demandas laborais 

Para demandantes que leven máis de cinco anos inscritos no Servizo Público de Emprego sen acceso a un posto de traballo

 

Demandante de traballo nunha Oficina de Emprego
G24.gal 06/05/2023 13:27 Última actualización 06/05/2023 13:50

A Consellería de Promoción do emprego pon en marcha un novo programa dirixido ás persoas que levan máis tempo paradas e que teñen dificultade para reincorporarse ao mercado laboral. 
Durante seis meses contarán con orientación para adaptar os seus perfís aos 15.000 postos de traballo que se estima que hai en Galicia sen cubrir. 

Nun mercado laboral en cambio constante, e cun dato do paro en Galicia de 139.343 persoas no mes de abril, a Consellería de Emprego vai desenvolver este programa que pretende axustar os perfís dos demandantes á oferta de postos de traballo como detallou Zeltia Lado, directora xeral de Formación e Colocación da consellería.

O que trataremos é de traballar sobre todo con colectivos vulnerables e parados de longa duración para revisar os seus itinerarios e establecer un tratamento individualizado cun asesoramento e unha orientación que permita axustar os seus perfís profesionais ás ocupacións que demanda o mercado de traballo. 

A Oficina de Emprego contactará coas persoas que leven máis de 5 anos inscritas no Servizo Público de Emprego ou que rexeitaron ofertas de traballo, formación ou orientación no último ano, para darlles unha cita e analizar o seu caso de xeito individualizado. 

Búscanse postos de traballo no ámbito tecnolóxico pero tamén noutros oficios tradicionais como pode ser o sector da loxística, a fontanería, a soldadura, a caldeirería. Todos están moi vinculados con esa economía verde cara á que vai avanzando a nosa economía e esas novas transformacións do mercado de traballo. 

Este programa permitirá, ademais, detectar se hai intentos de fraude entre os demandantes de emprego que reciben prestacións e rexeitan ofertas sistematicamente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade