Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prohiben o baño en praias da Coruña pola presenza de carabelas portuguesas

Prohiben o baño en praias da Coruña pola presenza de carabelas portuguesas

O Concello prohibiu o baño e pediu que se sigan as indicacións dos equipos de salvamento e socorrismo

G24.gal 29/08/2023 14:07

O baño nas praias de Riazor, Orzán e Matadoiro, na Coruña, está prohibido pola presenza de carabelas portuguesas na auga.

Segundo informou Seguridade Cidadá do Concello da Coruña, colocouse a bandeira vermella nestes tres areais para prohibir o baño, xa que se detectou a presenza de carabelas portuguesas na auga.

As picaduras da carabela portuguesa, coñecida como falsa medusa, poden ocasionar graves inconvenientes aos bañistas.

O Concello prohibiu o baño e pediu que se sigan as indicacións dos equipos de salvamento e socorrismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade