Publicador de contidos
Publicador de contidos

A presenza de carabelas portuguesas levou a pechar momentaneamente unha praia no Vicedo

A presenza de carabelas portuguesas levou a pechar momentaneamente unha praia no Vicedo

O contacto con estes organismos mariños, semellantes ás medusas, provoca molestias importantes

Un bañista tivo que ser asistido no hospital debido aos efectos que sufriu

A travesía a nado de San Amaro, na Coruña, anulouse atendendo a medidas de seguridade

G24.gal 25/08/2024 14:52

A simple vista non se aprecian as carabelas portuguesas, pero poden estar aí, xa sexa na area ou no mar. Ante a posibilidade de que afecten aos bañistas, houbo que pechar por un día a praia de Abrela, no Vicedo. Persoal de Protección Civil revisaba a primeira hora o lugar para determinar como proceder.

O contacto con este organismo, semellante ás medusas, é moi molesto, de aí que se recomende extremar as precaucións.

Este ano, como o anterior, afectou a moitas praias da Mariña e tamén da Coruña suponse que pola subida da temperatura da agua. A presencia destes organismos obrigou a suspender a travesía a nado de San Amaro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade