Proliferan as carabelas portuguesas no litoral galego
Proliferan as carabelas portuguesas no litoral galego
A suma da temperatura da auga, o réxime de vento e as correntes explican o aumento
En Razo xa picaron a catro persoas e pecháronse días praias en Foz
As carabelas portuguesas apareceron en varios puntos do litoral galego nos últimos días. En Razo picaron catro persoas e en Foz obrigaron a pechar dúas praias.
Nas últimas semanas a temperatura da auga foi máis alta do normal. As correntes e o cambio no réxime de ventos tamén favoreceu que as medusas chegasen ao litoral.
En Razo colocaron unha sinal para alertar os bañistas, algo que tamén fixeron nas praias de Malpica.
A picadura destas carabelas provoca proído e dor, uns problemas que se agravan se se é alérxico ao seu veleno. Ante a súa picadura, o primeiro é lavar a zona con auga do mar e evitar o contacto con outras partes do corpo, así como a luz solar.