Publicador de contidos
Publicador de contidos

O concello de Mos organiza un dispositivo para levar maiores de 85 a vacinarse

O concello de Mos organiza un dispositivo para levar maiores de 85 a vacinarse

Ofrece o servizo grazas á axuda de Protección Civil e da Policía Local

G24.gal 08/10/2022 14:09 Última actualización 08/10/2022 14:36

Para moitas persoas maiores acudir aos centros de vacinación ou hospitais de referencia a poñer a cuarta dose pode ser un problema. Para remedialo, o Concello de Mos organizou un dispositivo de acompañamento grazas ao apoio do servizo de Protección Civil e da Policía Local. 

O periplo comeza na base da agrupación de voluntariado. Carlos e Rodrigo van recoller hoxe a Luísa Santana na súa casa do barrio do Santiaguiño. Percorren boa parte de Mos ata que a muller de 89 anos os recibe canda a nora. 

Acompañan a persoa en todo o proceso. Neste caso, levaron a Luísa ata o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Grazas ao dispositivo, a súa familia non tivo que pechar o negocio que rexenta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade