Cargando resultados...
Avogados e procuradores defenden en Santiago a quenda de oficio
Avogados e procuradores defenden en Santiago a quenda de oficio
Piden ademais condicións laborais que lles garantan pensións dignas
G24.gal
16/02/2024 13:35
Avogados e procuradores manifestáronse este venres en Santiago para defender a quenda de oficio e unhas xubilacións dignas.
Convocados polo Sindicato Venia Advocatum Unio e a plataforma Marea Negra Galicia, reclaman que se recoñezan os dereitos laborais destes profesionais que prestan un servizo público e unha solución para os que cotizaron ás mutualidades da avogacía e que percibirán pensións inferiores ás prestacións non contributivas.