Protocolo e vacinación, claves na volta ás clases
Protocolo e vacinación, claves na volta ás clases
Na comunidade educativa subliñan que é preciso volver ás aulas
A comunidade educativa precisa que as clases continúen, volver á rutina do xeito máis normal posible, segundo Eva López, directora do instituto Valadares de Vigo e unha das integrantes do comité que asesora a Xunta nos protocolos de Educación.
"É que emocionalmente xa foi moito tempo. Ter que quedar na casa para os rapaces foi moi duro. O profesorado tamén precisa traballar coma sempre".
Eva López subliña que máscara, distancia e ventilación funcionan e que o alumnado é responsable.
"Temos que continuar coa nosa vida. Sabemos que a covid está aquí. Cambiou algúns costumes do día a día pero parece que vén para quedar, non?".
A directora do IES Valadares puntualiza que para facer os centros cada vez máis seguros é importante que avance a vacinación dos rapaces e dos nenos.
"Os números son claros e evidentes: coa vacinación a incidencia é menor e as consecuencias, moito menores tamén".
Eva López asegura que se hai que pechar algunha aula non sería problema porque as clases telemáticas están perfectamente establecidas.