PSOE e PP, dúas perspectivas contrapostas sobre a moción de censura
PSOE e PP, dúas perspectivas contrapostas sobre a moción de censura
Félix Bolaños sostén que é "unha grande oportunidade" para o Goberno e que Feijóo se axeonlla ante Vox coa abstención
Elías Bendodo sinala que Vox "marca un gol en propia meta" e que a verdadeira moción para Sánchez serán as urnas
Félix Bolaños, membro da executiva do PSOE e ministro da Presidencia, percibe a moción como a oportunidade para contrastar dous modelos de gobernar e di que é grave que o PP "no teña claro" onde están os demócratas e onde está a ultradereita.
"Estamos desexando que empece o debate da moción de censura. Estamos desexando que os españois poidan ver e poidan comprobar as dúas ideas de España que existen: a do Goberno, que aposta por unhas bolsas de estudos altas, por unhas pensións garantidas, por un salario mínimo que sexa digno e todo da man da Comisión Europea, e a dunha oposición da dereita e da ultradereita que está polos recortes".
O coordinador xeral do PP, Elías Bendodo, entende que Sánchez "non merece un balón de osíxeno cando está asfixiando este país" e que será nas eleccións onde os españois lle dirán que debilitou o Estado e que debe abandonar o Goberno.
"As mocións de censura preséntanse para gañalas e para botar o que está, non para reforzalo e apontoalo, que é o que vai pasar esta semana. Por iso o PP está en contra da moción de censura. O partido propoñente da moción de censura marcou un gol en propia porta e regaloulle a Pedro Sánchez unha vitoria en tempo de desconto".