Publicador de contidos
Publicador de contidos

Puente cesa o alto cargo de Portos do Estado que tramitou a compra de máscaras coa empresa investigada no caso Koldo

Puente cesa o alto cargo de Portos do Estado que tramitou a compra de máscaras coa empresa investigada no caso Koldo

Álvaro Sánchez Manzanares, secretario xeral de Portos do Estado, foi o responsable da compra de oito millóns de máscaras por un valor de 20 millóns de euros á empresa Soluciones de Gestión

A Garda Civil detecta pagamentos de Ábalos a Koldo García de máis de 14.000 euros por viaxes e billetes de avión

G24.gal 05/03/2024 14:19 Última actualización 05/03/2024 19:32

O ministro de Transportes, Óscar Puente, destituíu o secretario xeral de Portos do Estado, Álvaro Sánchez Manzanares, segundo informaron a EFE fontes do Goberno.

Manzanares foi o alto cargo que tramitou a compra de máscaras coa empresa investigada no caso Koldo, Soluciones de Gestión. 

Sánchez Manzanares será substituído este mércores tras a reunión do consello reitor de Portos por "perda de confianza" do ministro, segundo explicaron as fontes que concretan que Sánchez Manzanares puxo á firma do presidente de Portos unha resposta á axencia antifraude que faltaba á verdade.

Trátase así do primeiro cesamento no Ministerio de Transportes, anteriormente de Fomento, desde que estalou o caso Koldo, en que se investiga, por parte da Audiencia Nacional, o suposto cobro de comisións ilegais na compra de máscaras durante a pandemia. Portos do Estado, empresa pública dependente do Ministerio de Transportes, foi unha dos organismos que contratou coa trama en plena pandemia da covid a adquisición de máscaras.

Nun auto que consta no sumario, o xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno autorizou a Unidade Central Operativa da Garda Civil a solicitar á entidade Portos do Estado o contido de todas as mensaxes do correo electrónico corporativo entre o día 1 de xaneiro de 2020 ata o 1 de xullo de 2020 de varias persoas, ente elas o secretario xeral de Portos do Estado, Álvaro Sánchez Manzanares.

A UCO interceptou unha conversación entre Koldo García, exasesor do que foi ministro de Transportes na pandemia, José Luis Ábalos, e posiblemente Sánchez Manzanares. De confirmarse esas conversacións, a UCO cre que sería "un fito de interese" para a investigación, dado que Sánchez Manzanares asinou un documento nunha adxudicación que Portos do Estado outorgou á trama por 24,2 millóns de euros. A Unidade Central Operativa non determinou con rotundidade que sexa o secretario xeral de Portos do Estado, pero si cre que "podería tratarse" deste alto cargo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade