Publicador de contidos
Publicador de contidos

Puigdemont condiciona o seu voto a Sánchez á resolución do "conflito" catalán

Puigdemont condiciona o seu voto a Sánchez á resolución do "conflito" catalán

Nun comunicado difundido a través das redes, avoga por unha negociación sen "presión" nin "chantaxe política"

O expresidente da Generalitat Carles Puigdemont O expresidente da Generalitat Carles Puigdemont
G24.gal 29/07/2023 19:12 Última actualización 29/07/2023 19:26

O expresidente catalán Carles Puigdemont dixo que Pedro Sánchez só contará cos votos de Junts na eventual investidura se alcanzan un acordo sobre o "conflito" catalán e non sobre a súa situación persoal, e avoga por unha negociación sen "presión" nin "chantaxe política".

Nun comunicado que distribuíu desde a súa conta persoal de Twitter, o expresidente sostén que "o reconto definitivo dos votos comporta un cambio puntual na asignación de escanos no Parlamento español pero relevante na ecuación para calquera investidura".

"O actual presidente do Goberno e candidato socialista á reelección só poderá ser elixido se obtén o voto afirmativo dunha coalición moi ampla, incluídos os sete votos de Junts per Catalunya", agrega.

Puigdemont aclara que, nesa negociación, "quen crea que exercendo presión ou practicando directamente a chantaxe política obterá algún beneficio táctico, pode aforrar o esforzo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade