Puigdemont desvelará este xoves en Francia se se presenta como candidato ás eleccións do 12M
Puigdemont desvelará este xoves en Francia se se presenta como candidato ás eleccións do 12M
O presidente da Generalitat asinou este luns o decreto de convocatoria
Feijóo acusa ao PSC de ser parte do mesmo proxecto que os independentistas
O presidente da Generalitat, Pere Aragonès, asinou o decreto que convoca oficialmente eleccións en Cataluña para o 12 de maio.
A 56 días dos comicios, a terceira forza, Junts per Catalunya, non ten aínda candidato: o expresidente Carles Puigdemont desvelará este xoves se encabeza as listas. Será en Elna, localidade do sur de Francia, o lugar onde agocharon as urnas nos días previos ao referendo ilegal de 2017.
Tampouco ten aínda candidato confirmado o PP. O seu líder cre que se gobernan os socialistas, propiciarán un referendo. Alberto Núñez Feijóo cre que "frear o proceso esixe non confiar nin no Partido Socialista de Cataluña, nin en Esquerra Republicana, nin en Junts, porque son tres patas do mesmo proxecto: o proxecto de ruptura institucional".
O Partido Socialista asegura que non lle preocupan as candidaturas dos seus rivais. Din que o que toca agora é que Cataluña pase páxina e que Salvador Illa é o máis acaidio para facelo.
A voceira do PSOE, Esther Peña, asegurou que "Salvador Illa vaise entregar coas cousas que afectan á maioría no seu día a día. Sae para gañar e para abrir unha nova etapa en Cataluña".
O posible retorno de Puigdemont xa elevou as expectativas electorais de Junts: segundo a sondaxe, publicada este luns no xornal La Razón, o seu partido superaría a Esquerra Republicana como segunda forza nuns comicios que volvería gañar o PSC.