Publicador de contidos
Publicador de contidos

Puigdemont escondeuse en tres pisos en Barcelona e fuxiu a Waterloo cando se levantaron os controis

Puigdemont escondeuse en tres pisos en Barcelona e fuxiu a Waterloo cando se levantaron os controis

Jordi Turull asegura que se moveron pola cidade sen problema e nega a persecución policial da que falaron os Mossos

G24.gal 02/09/2024 20:32 Última actualización 02/09/2024 21:18

Segundo o relato de Jordi Turull, que acompañou a Puigdemont na fuxida o oito de agosto, o expresidente tiña toda a intención de entrar no Parlamento catalán e participar no debate de investidura de Salvador Illa, pero recuou cando viu o dispositivo policial despregado para detelo.

"Era unha despregadura policial coma se houbera que deter a Hannibal Lecter e non a Puigdemont, non a un demócrata senón a un terrorista", relata Turull.

Tras dar o discurso no Arco do Triunfo, Puigdemont escapou nun coche e refuxiouse nun piso cedido por un particular. Sempre segundo Turull, non houbo a persecución que relataron os Mossos d'Esquadra.

"Había un home de paisano, que miraba a matrícula, pero que en ningún momento nos mandou parar nin nada".

Puigdemont cambiouse a outro piso durante a tarde. E fuxiu cara a Waterloo sobre as oito, seis horas despois de que a policía catalá levantara os controis nas estradas. Turull di que burlar o control policial foi doado grazas á axuda de  cidadáns anónimos. E confirmou que o expresidente catalán xa durmira a noite anterior en Barcelona, nun piso cedido por un particular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade