Punk rural e metal galego con Deleiba, Tenue e Dioivo no 'Zigzag'
Punk rural e metal galego con Deleiba, Tenue e Dioivo no 'Zigzag'
Tenue, dende A Guarda, presentou o seu disco 'Arcos, bóvedas e pórticos' por toda Europa este verán
Deleiba adianta o que será o seu primeiro disco, 'Ao revés do mundo'
Dioivo lanza videoclip dun tema de 'Cara os ceos incrementes' gravado no Festival Extreme IV
Tres novos traballos de bandas de sons extremos. Deleiba lanza o primeiro sinxelo do seu vindeiro álbum, 'Ao revés do mundo', producido por Iago Pico. Será punk rock melódico cunha visión máis emo.
Tenue son un dos máximos expoñentes da cultura asociativa e a autoxestión no eido musical. Definen o seu novo traballo, 'Arcos, bóvedas, pórticos' como unha explosión de furia e amor pola vida. Xa o presentaron nunha longa xira este verán que pasou por Italia, Bulgaria e Grecia.
Dioivo, o dúo de guitarra e batería formado por Jacobo Mouriño e Daniel Valladares lanzan o seu novo vídeo do tema 'O rei'. Unha canción inspirada no conto do traxe do emperador con videoclip gravado no Extreme Division da Palma e que seguen a levar ao directo, as súas vindeiras paradas serán Vallecas e Pontevedra.