Publicador de contidos
Publicador de contidos

Punto meritorio do Ourense en Barakaldo para poñerse a un paso da salvación

Punto meritorio do Ourense en Barakaldo para poñerse a un paso da salvación

Fullana marcou de penalti e Borja igualou no segundo tempo

G24.gal 19/01/2025 19:45

O Ourense Club de Fútbol segue a dar pasos cara a adiante á procura de acadar a permanencia. No difícil campo de Lasesarre sumou un punto que o coloca con 22 na táboa clasificatoria. Aínda en descenso, pero a só un paso do 12º posto.

Un claro penalti cometido sobre Jerín permitiulle a Cesc Fullana marcar o primeiro gol. O equipo vasco meteu presión e conseguiu empatar no 62 cun gol de Borja. As mellores ocasións chegaron ao final do partido. Di Renzo puido marcar o gol da vitoria para os ourensáns e o Barakaldo gozou dunha moi clara no engadido pero o empate non se moveu. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar