Publicador de contidos

Publicador de contidos

Putin asinará este venres a anexión de catro rexións de Ucraína

Putin asinará este venres a anexión de catro rexións de Ucraína

O presidente de Rusia asinará os tratados para a anexión das rexións ucraínas de Donetsk, Luhansk, Khersón e Zaporijia

Italia recomenda os seus cidadáns abandonar Rusia

G24.gal 29/09/2022 12:09 Última actualización 29/09/2022 12:59

O presidente de Rusia, Vladimir Putin, asinará mañá os tratados para a anexión das rexións ucraínas de Donetsk, Luhansk, Khersón e Zaporijia, anunciou hoxe o Kremlin.

"A cerimonia da firma terá lugar mañá", dixo o portavoz da Presidencia rusa, Dmitri Peskov, na súa conferencia de prensa telefónica diaria, na que indicou que o acto terá lugar na sala San Xurxo do Gran Palacio do Kremlin ás 15.00 horas (unha hora menos en Galicia) e incluirá un importante discurso de Putin.

Os líderes desas rexións chegaron onte á noite nun voo común á capital rusa. Onte xa solicitaron formalmente a Putin a incorporación dos seus territorios a Rusia.

Segundo os resultados difundidos hoxe pola autoridades prorrusas co cento por cento da papeletas escrutadas, entre o 87,05 e o 99,23 % dos votantes nos territorios controlados parcialmente polas forzas rusas no leste e sur de Ucraína apoiaron a anexión a Rusia.

Prevese que ambas as cámaras do Parlamento ruso referenden formalmente os acordos de anexión a principios da semana que vén.

O Senado ruso este debater ese asunto o próximo 4 de outubro. Antes, a incorporación ten que recibir o visto e prace da Duma ou Cámara Baixa rusa, que se reúne para unha sesión extraordinaria un día antes.

Á vez, este venres pola tarde na Praza Vermella celebrarase un acto de apoio da incorporación de novos territorios a Rusia. O Kremlin indicou que informaría máis tarde o seu a posible asistencia de Putin a este acto. 

Finlandia pechará a próxima medianoite a súa fronteira aos turistas rusos

O Goberno finlandés aprobou este xoves o "peche completo" das súas fronteiras aos turistas rusos, aínda que teñan visado expedido nun país do espazo Schengen, alegando que a súa chegada pode causar "un grave prexuízo para a posición internacional de Finlandia".

A medida, anunciada o pasado venres, entrará en vigor esta medianoite e persegue restrinxir significativamente o fluxo de cidadáns rusos que entran no país nórdico, moitos dos cales continúan viaxe cara a outros destinos da Unión Europea (UE).

Finlandia, con 1.340 quilómetros de fronteira con Rusia, convértese así no último país comunitario limítrofe que opta por vetar a entrada aos turistas rusos, despois de que fixesen o mesmo as tres repúblicas bálticas (Estonia, Letonia e Lituania) e Polonia hai dúas semanas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade