Publicador de contidos
Publicador de contidos

Putin despregará tropas e armamento pesado na fronteira con Finlandia

Putin despregará tropas e armamento pesado na fronteira con Finlandia

Nunha entrevista cualifica de paso sen sentido o ingreso do país e de Suecia na OTAN

G24.gal 13/03/2024 20:43 Última actualización 13/03/2024 21:23

Rusia despregará tropas e armamento pesado na fronteira con Finlandia tras o ingreso deste país e de Suecia na OTAN.

Nunha entrevista na televisión Vladímir Putin cualificou de "paso sen sentido" a decisión dos dous países nórdicos. Nunca tivemos problemas con eles, dixo, agora si que os haberá. Asegurou que aínda que teñan o resgardo dun paraugas nuclear, a neutralidade era máis beneficiosa para os intereses nacionais dos dous países. 

Rusia tamén reforzará militarmente o seu flanco noroccidental, en especial a rexión que rodea San Petersburgo.

Putin volveu reiterar durante a entrevista que o seu país está preparado para unha guerra nuclear aínda que segue considerando que é unha opción improbable a día de hoxe. Cre que occidente nunca desatará un ataque nuclear porque sabe que Rusia ten armamento mellor e máis moderno ca os Estados Unidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade