Publicador de contidos
Publicador de contidos

Putin ve unha man negra ucraína detrás dos atentados de Moscova reivindicados polo Estado Islámico

Putin ve unha man negra ucraína detrás dos atentados de Moscova reivindicados polo Estado Islámico

"Sabemos por medio de quen se cometeu ese crime contra Rusia e o seu pobo. Interésanos quen o encargou", dixo o presidente ruso

Arrestan outros tres implicados no atentado nunha sala de concertos en Moscova

G24.gal 25/03/2024 20:43

Un ten a orella mutilada, outro entrou na sala en cadeira de rodas e cun catéter, e todos presentan mazaduras e sinais de malos tratos.

Son os catro presuntos autores do atentado do pasado venres na sala Crocus City Hall, nas aforas de Moscova.

Os catro teñen nacionalidade tayika.

Nas súas declaracións, admitiron a súa culpabilidade e explicaron que actuaron como mercenarios a soldo.

Están acusados de terrorismo e poderían ser condenados a cadea perpetua.

En Rusia existe a pena de morte, pero leva 20 anos suxeita a unha moratoria.

Algúns sectores reclaman agora que se levante para castigar os responsables da morte de 137 persoas e das feridas doutras 180.

Hai outros 7 detidos como presuntos cómplices.

Tres días despois do atentado, Vladimir Putin admitiu por primeira vez que foi obra de terroristas islamitas, pero mantén as súas insinuacións sobre unha posible complicidade de Ucraína.

Esta atrocidade podería ser unha máis dunha serie de intentos do réxime neonazi de Kíiv, dixo o presidente ruso.  

No lugar do masacre, sucédense as mostras de condolencia da sociedade rusa ante un dos atentados máis graves da súa historia recente.

Entre os restos do Crocus City Hall, incendiado polos terroristas, continúan tamén os labores de desentullo e non se desbota o achado de novas vítimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade