Publicador de contidos
Publicador de contidos

Puxedo, un exemplo de loita contra o feísmo

Puxedo, un exemplo de loita contra o feísmo

Os veciños levan máis dunha década traballando para pór en valor o seu patrimonio

Vivendas rehabilitadas en Puxedo, no concello de Lobios.
G24.gal 18/10/2022 21:58

Os veciños da pequena aldea do concello ourensán de Lobios, en pleno Xurés, leva máis dunha década traballando para pór en valor o seu patrimonio. Xuntaron e crearon unha asociación hai doce anos para rehabilitar o retablo da capela de Santo Antonio.

Dende aquela non deixaron de mellorar a imaxe da aldea: acondicionaron as rúas, eiras, muíños e o forno comunal. Tamén  cubriron con murais as fachadas de bloque e transformaron varios edificios en ruínas en museos sobre os oficios tradicionais e en especial sobre o ciclo do pan, que recrean cada verán.

Esta aposta polo patrimonio atrae cada ano máis visitantes e fixo que unha decena de familias que non eran de alí mercasen e rehabilitasen casas.  Tamén se puxeron en marcha dúas vivendas rurais.

O cambio continúa dende o ano pasado, coa aposta particular dos veciños por mellorar o aspecto das súas propiedades. Executáronse xa 33 proxectos contra o feísmo subvencionados pola Xunta de Galicia. Intervencións como cambios de teitos de uralita por tella e revestimentos de fachadas de bloque ou ladrillo.

Estas medidas incrementan o valor dos inmobles desta aldea de tan só 35 habitantes e convértena nun exemplo de posta en valor do patrimonio e coidado da paisaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos