Quen é Giorgia Meloni?
Quen é Giorgia Meloni?
Giorgia Meloni naceu en Roma no ano 1977 e é unha xornalista que se meteu en política xa no instituto
Quere frear a inmigración, está en contra da ideoloxía de xénero e defende a familia natural
Giorgia Meloni naceu en Roma, no ano 1977. É unha xornalista que se meteu en política xa no instituto. Con 15 anos entra nas xuventudes do partido neofascista formado polos seguidores de Mussolini, do que se declaraba admiradora. Dende aí comezou a abrirse paso cara a esferas máis altas da política.
No 98 saíu elixida concelleira de Roma coa Alianza Nacional. E unha década despois foi nomeada ministra por Berlusconi, a máis nova da historia da República, con 31 anos. Despois deixa o partido de Berlusconi e funda o actual, Irmáns de Italia, de ultradereita.
Ela mesma se define nun vídeo que se fixo viral en Internet. Fixérano os seus detractores para desacreditala, pero acabou causando furor entre os seus fieis. Agora renega do fascismo. Quere frear a inmigración, está en contra da ideoloxía de xénero e defende a familia natural.
Onte gañou as eleccións moi por diante dos seus socios, Salvini e Berlusconi, e asusta a Europa. Defende menos peso de Bruxelas e máis das nacións. Preséntase como unha patriota que dará a batalla por defender os intereses dos italianos.