Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quinto posto de Rodrigo Conde no mundial, que o catapultou aos xogos

Quinto posto de Rodrigo Conde no mundial, que o catapultou aos xogos

Triunfo para a embarcación dos Países Baixos, que fixo oito segundos menos que o bote en que rema o galego xunto a Aleix García

G24.gal 10/09/2023 14:27

Igual que lle aconteceu a Caetano Horta un día antes, Rodrigo Conde acabou o Mundial de remo no quinto posto na Final A. O primeiro obxectivo xa estaba conseguido coa clasificación olímpica e o segundo, acadar unha medalla, quedou a catro segundos. 

Gañou a parella dos Países Baixos, cun tempo de 6:09. Por detrás estiveron os Sinkovic e a parella irlandesa (6:13). Conde e García comezaron moi fortes e lideraron a proba os primeiros cincocentos metros, pero acabaron pagando o esforzo e relegados á quinta posición, a catro segundos dos metais e a oito do ouro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade