Galicia leva dous ouros nas probas raíñas do Campionato de España de remo
Galicia leva dous ouros nas probas raíñas do Campionato de España de remo
O equipo masculino, cos olímpicos Rodrigo Conde e Caetano Horta, impuxéronse no 4x
A outra vitoria foi no 4x feminino absoluto
A selección galega impúxose nas dúas finais do 4x do Campionato de España de remo olímpico que se disputou en Castrelo de Miño. O equipo masculino, cos olímpicos Rodrigo Conde e Caetano Horta, acadaron a vitoria na súa categoría cunha vantaxe de só 3 décimas sobre o equipo de Cataluña.
Suso González e Brais Vázquez Vidal completaron o equipo que marcou na meta un tempo de 2:55'75. En Cataluña tamén había remeiros de primeiro nivel como Dennis Carracedo e Manel Balastegui.
No asboluto feminino o triunfo tamén foi para o equipo galego, forma por Malena Barro, Iria Jarama, Carlota González e Candela Martínez. O tempo en meta foi de 3:20, dous segundos menos que Andalucía, a única selección que lles discutiu o triunfo.