Publicador de contidos
Publicador de contidos

O dobre scull de Rodrigo Conde métese na semifinal co terceiro mellor tempo

O dobre scull de Rodrigo Conde métese na semifinal co terceiro mellor tempo

G24.gal 27/07/2024 15:29

O remeiro Rodrigo Conde tivo unha estrea exitosa na competición de remo. Xa está na semifinal de dobre scull formando parella con Aleix García. A embarcación española terminou de segunda na súa serie, que resultou ser a máis rápida. Conde e García accederon así directamente a semifinal co terceiro mellor tempo global, só por detrás de Irlanda e os Países Baixos.

A semifinal será a proba de lume para o moañés porque só haberá seis prazas para o seu grande obxectivo da temporada, estar na final olímpica. Terán a vantaxe de remar nos carreiros centrais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade