Publicador de contidos
Publicador de contidos

O moañés Rodrigo Conde logra o billete olímpico en dobre scull

O moañés Rodrigo Conde logra o billete olímpico en dobre scull

Logrouno con Aleix García; os dous clasificáronse para a final dos campionatos do mundo de remo que se disputan en Belgrado e, con iso, aseguraron unha praza nos xogos

G24.gal 08/09/2023 11:28 Última actualización 08/09/2023 11:36

O dobre scull de Aleix García e o moañés Rodrigo Conde clasificouse este venres para a final dos campionatos do mundo de remo que se disputan en Belgrado e, con iso, asegurouse unha praza nos Xogos Olímpicos de París 2024.

O bote español foi terceiro na súa semifinal, por detrás de Croacia e Irlanda. Pasaban á final os tres primeiros.

Na outra semifinal clasificáronse Países Baixos, Italia e China. Todos eles obtiveron cota para os xogos.

García e Conde foron subcampións do mundo na anterior edición.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos