Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rodrigo Conde remata 5º na final de Dobre Scull masculino

Rodrigo Conde remata 5º na final de Dobre Scull masculino

Conde e García lideraban a proba, pero non lograron manter o ritmo durante toda a final

Fonte: EFE Fonte: EFE
G24.gal 01/08/2024 11:28

Rodrigo Conde non puido facerse cunha medalla olímpica na final desta mañá. O galego chegaba a París con opcións de sumar un metal, tras acadar recentemente o subcampionato de Europa na modalidade de Dobre Scull masculino.

O padexeiro moañés e o seu compañeiro Aleix García comezaron a proba en cabeza, cun gran ritmo que os levou a ocupar os primeiros postos. Malia todo, cando o resto de competidores aumentou a velocidade, a parella española non puido seguilos quedando fóra da loita polas medallas.

Conde e García remataron a final olímpica en quinta posición, logo de firmar un tempo de 6:20.59. O moañés consegue así un diploma olímpico na súa primeira participación nos Xogos Olímpicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade