Caetano Horta queda ás portas da final olímpica
Caetano Horta queda ás portas da final olímpica
O padexeiro noiés non puido meterse entre os tres primeiros
Horta terá que desputar a final B na procura do diploma olímpico
Malas novas desde o Vaires-sur-Marne. A parella conformada polo galego Caetano Horta e mais Dennis Carracedo queda fóra da loita pola medalla.
Os padexeiros do equipo español non lograron clasificarse á final olímpica. Foron cuartos na súa semifinal logo de firmar un tempo de 6:35.05, sen poder acadar o terceiro posto que daba dereito a loitar na final. Horta e Carracedo chegaban a París con opcións de meterse entre os seis mellores e poder conseguir unha medalla para o remo español. Pero os seus rivais non lles deron opción ningunha, chegando a sacarlles case 10 segundos na chegada á meta
Deberán desputar a final B nesta modalidade de dobre scull lixeiro masculino. De ser unha das dúas parellas máis rápidas, poderían conseguir o diploma olímpico.