Prisión para o detido polo crime machista de Moaña
Prisión para o detido polo crime machista de Moaña
A xuíza decreta prisión provisional para o investigado polo homicidio de Faddoua Akkar
Confirman o de Moaña como crime machista, terceiro do ano en Galicia
Xa está no cárcere da Lama o home acusado de homicidio da súa parella en Moaña. A xuíza decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o detido. Está investigado por un delito de homicidio. A Garda Civil trasladouno directamente dende o hospital Povisa de Vigo, onde ingresara despois de precipitarse co seu coche ao mar en Moaña.
Os familiares da vítima achegáronse este luns ao xulgado de Cangas. Faddoua Akkar, de 41 anos, chegou de Marrocos hai dous anos e vivía na parroquia pontevedresa de Salcedo co seu fillo de trece anos. Os seus familiares achegáronse este luns ao xulgado de Cangas. Apuntaron que a muller non sabía nadar. A autopsia determinará se faleceu afogada ao caer no coche ao mar ou se xa morrera antes.
Tamén sinalaron que o detido e a vítima mantiñan unha relación dende había uns nove meses. O investigado, de 47 anos, ten antecedentes e xa estivera no cárcere por outro caso de violencia machista.