Publicador de contidos
Publicador de contidos

Diploma olímpico para Caetano Horta

Diploma olímpico para Caetano Horta

O padexeiro noiés e Dennis Carracedo quedan en segunda posición na final B de dobre scull lixeiro

A parella española finaliza a súa participación olímpica entre as 8 mellores

Fonte: EFE Fonte: EFE
G24.gal 02/08/2024 11:15

Caetano Horta quedaba fóra da loita polas medallas hai dous días. Xunto coa súa parella, Dennis Carracedo, non lograron meterse entre os tres mellores tempos da súa semfinal. Pero a súa participación olímpica non rematou aí.

O padexeiro galego competiu esta mañá na final B da modalidade de dobre scull lixeiro, onde podía acadar aínda un diploma olímpico. Horta e Carracedo comezaban a proba en cabeza sendo a embarcación máis rápida nos primeiros 1000 metros. Francia situábase preto dos españois, que continuaban a liderar a proba a falta de 500 metros para o seu final.

Precisamente foron os padexeiros franceses quen aumentaron o ritmo no último cuarto da final B. O noiés e o seu compañeiro seguíronlles o ritmo, pero finalmente cederon o primeiro lugar entrando na meta a menos dun segundo dos locais. Horta pon o remate a súa actuación en París cunha segunda posición na final B, o que lle outorga un diploma olímpico, o segundo, logo de acadalo tamén nas Olimpíadas de Tokyo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade