Publicador de contidos
Publicador de contidos

O remeiro noiés Caetano Horta proclámase campión do mundo sub-23

O remeiro noiés Caetano Horta proclámase campión do mundo sub-23

G24.gal 23/08/2024 21:28

O remeiro noiés Caetano Horta proclamouse campión do mundo en scull individual peso lixeiro na final disputada no Canadá, onde se están a celebrar as probas durante esta semana. Horta (21 anos), dúas veces olímpico no dobre scull, demostrou estar moi por riba dos seus rivais nesta idade e impúxose dominando a proba desde o principio ata o final. 

"Foi unha carreira perfecta" declarou a World Rowing unha vez acabou a proba. Pode que este sexa o primeiro paso para unha carreira individual despois de competir no dobre ao longo destes últimos anos, de facer grandes postos nas Copas do Mundo e de acadar dous diplomas olímpicos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar