Cargando resultados...
O remeiro Caetano Horta recibe a medalla de ouro do Concello de Noia
O remeiro Caetano Horta recibe a medalla de ouro do Concello de Noia
Aos seus 21 anos participará nos segundos Xogos Olímpicos na proba de dobre scull peso lixeiro
G24.gal
28/05/2024 21:19
Despois de acadar o quinto posto na Copa do Mundo de Lucerna, en Suíza, o remeiro galego Caetano Horta acudiu á súa vila para un acto moi especial. O pobo de Noia entregoulle a medalla de ouro. Caetano naceu nesta localidade hai 21 anos. Foi unha decisión que se tomou de xeito unánime por parte de toda a corporación.
Caetano Horta está preparando a segunda presenza nuns Xogos Olímpicos. Estivo en Toquio, onde acadou o diploma olímpico a carón de Manel Balastegui co que logrou a sétima posición. Para esta cita de París confía en alcanzar unha medalla. Compite no dobre scull de peso lixeiro, desta volta a carón de Dennis Carracedo.