Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quique chega ao Obradoiro tras peregrinar por un futuro sen sarcoma

Quique chega ao Obradoiro tras peregrinar por un futuro sen sarcoma

Enrique Nogueroles, de 14 anos, padece cancro e realizou o Camiño de Santiago durante cinco días

Estivo acompañado por un grupo de 50 persoas, entre familiares, amigos e membros da Fundación CRIS contra o cancro e a Fundación Iñaki Nogueroles Jóvenes contra el Cáncer

O obxectivo desta andaina é visibilizar a necesidade de investir en investigación

G24.gal 11/08/2024 14:57 Última actualización 11/08/2024 20:58

Quique Nogueroles é un rapaz de 14 anos de Alacant que está a loitar contra un sarcoma e que chegaba este domingo á praza do Obradoiro tras rematar o Camiño de Santiago. A súa é unha historia de superación.

Durante cinco días de andaina estivo acompañado por un grupo de 50 persoas, entre familiares, amigos e membros da Fundación CRIS contra o cancro e a Fundación Iñaki Nogueroles Jóvenes contra el Cáncer.

"Foi unha experiencia moi chula, estiven acompañado de moita xente e moi divertida".

"Véxome como un símbolo de superación, porque eu que hai dous meses estaba nunha cama con quimioterapia agora estou aquí camiñando 20 quilómetros ao día".

"Hoxe Quique é a voz doutros moitos nenos e nenas que precisan dun tratamento personalizado para seguir avanzando e só o imos acadar concienciando a sociedade da necesidade de investir en investigación para conseguilo".

"A experiencia foi impresionante, o Camiño, como a vida mesma, é un camiño de superación, de momentos difíciles, de compañeirismo".

"Tiven 132 sesións de quimioterapia e 60 de radioterapia, agora estou a gozar do verán e cando volva a Alacant xa verei o que fago".

"É unha lección de esperanza para moitos mozos e adolescentes na súa situación e un exemplo para todos no camiño de superación, porque foi á cabeza en todo momento do grupo. Para todos foi unha lección de forza e de esperanza desde logo".

Á súa chegada ao Obradoiro foi recibido polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño. Entre os obxectivos desta andaina están visibilizar a necesidade de investir en investigación contra o cancro e recadar uns cen mil euros para a investigación do cancro infantil. As doazóns poden facerse a través de https://elsellodequique.ganaralcancer.com/

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade