Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rácing-Celta B, un derbi con dous equipos igualados a todo

Rácing-Celta B, un derbi con dous equipos igualados a todo

Os departamentais, que só conseguiron 5 puntos en Ferrol, reciben aos de Onésimo, que non perderon nas últimas 3 saídas

G24.gal 19/11/2021 11:38

Rácing de Ferrol-Celta B. Oitavo contra noveno. O derbi da Malata enfronta a dous equipos igualados a todo. Mesmas vitorias, empates, derrotas e mesma diferenza de goles. Un partido que pode marcar a temporada.

O Celta B parece ter superadas as dúbidas do inicio da temporada e é perigoso a domicilio. O Rácing está a amosar dúas caras. O mellor visitante da categoría ten serios problemas para gañar na Malata.

Hoxe ás 9 na Malata, Rácing e Celta B tentarán romper a súa igualdade nun choque que ben pode definir as súas aspiracións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade