Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rafa Benítez: "Intentaremos poñer un equipo que teña posibilidades de gañar"

Rafa Benítez: "Intentaremos poñer un equipo que teña posibilidades de gañar"

Confirmou que Iván será o gardameta titular

Sobre Aspas comentou que pode xogar de inicio, pero "depende das alternativas"

G24.gal 16/01/2024 11:44

O Celta ten unha cita coa Copa do Rei. 6 anos despois, mañá volverán a xogar uns oitavos de final, ainda que non serán en Balaídos. Benítez volver toparse co Valencia, o seu ex-equipo, e en Mestalla. No último partido alí o resultado foi de empate. 0-0 nun partido sen brillo onde o técnico lamentou os "erros en transición".

Benítez está recuperando xogadores para a causa. Ristic e Starfelt están cada vez máis preto pero non quixo dar pistas nin sobre a formación, nin da aliñación. Falou da liña de 5 como alternativa.

"Manexamos distintos sistemas e aliñación, para que non se asusten ninguén xa teño moi claro o que imos facer. (A liña de 5) é unha alternativa que non pode dar seguridade".

Volveu ser cuestionado pola canteira e o seu uso. Nos últimos días, a afección celeste loou as verbas de Claudio Giráldez na última rolda de prensa, onde chegou a dicir que "dentro do club e do contorno están confundidos co que ten que ser o Celta B". Benítez está de acordo con el:

"Estou de acordo con Claudio. Hai que axudar a que os rapaces estean en condicións de ir ao primeiro equipo. O noso principal obxectivo é que os rapaces cheguen para achegar e estar moitos anos".

Aspas aínda non participou na Copa pero non descarta que non sexa de inicio nesta rolda. Todo depende das alternativas. Unha delas é Douvikas. O grego leva 4 goles na competición copeira e 3 na liga. Leva 7 goles en 678 minutos, datos impresionante e que están boca dos afeccionados, quen piden máis minutos para el.

"Se xogo con Iago e non poño a Tasos dirán 'Tasos mete goles na Copa'. Imos manexalo".

Confirmou que Iván, tras a renovación, será o gardameta titular mañá ante o Valencia. Di que está traballando moi ben e que ao non poder xogar na liga (sanción despois do partido contra o Betis), a súa opción é a Copa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade