Rafa Nadal anuncia que volverá competir en xaneiro en Brisbane
Rafa Nadal anuncia que volverá competir en xaneiro en Brisbane
O manacorí xogou o seu último partido o pasado 18 de xaneiro, cando caeu en segunda rolda ante o estadounidense Mackenzie McDonal
O tenista español Rafa Nadal anunciou este venres que volverá á competición no torneo de Brisbane, na primeira semana de xaneiro de 2024, antes do Aberto de Australia, despois dun ano fóra da competición por lesión.
"Ola a todos, despois dun ano fóra da competición chegou o momento de volver. Será en Brisbane e será na primeira semana de xaneiro. Vémonos alí", dixo Nadal nunha mensaxe publicada en redes sociais.
O torneo de Brisbane xogarase do 31 de decembro próximo ao 7 de xaneiro do ano que vén, previo ao Aberto de Australia, que se disputará do 14 ao 28 de xaneiro, a última cita en que competiu o mallorquino.
Nadal, gañador de 22 Grand Slams, disputou o seu último partido o pasado 18 de xaneiro, cando caeu en segunda rolda ante o estadounidense Mackenzie McDonald, e desde entón seguiu un proceso de recuperación dunha lesión de grao 2 no psoas ilíaco da perna esquerda, pola que pasou polo quirófano.
🔙 Rafa Nadal anuncia a súa volta ás pistas: será en Brisbane na primeira semana de xaneiro 🎾 https://t.co/TeqgE10ymt
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) December 1, 2023