Raquel C. Pico, escritora: "Nos anos 20 a percepción social das solteiras cambia, podían xa traballar e vivir a súa vida"

'Noticias de modernidade' publicado por Galaxia recupera a descoñecida vida das mulleres dos anos 20
A muller da Galicia urbana nos primeiros anos do século XX foi activa, moderna e rebelde
Os cambios sociais de principios de século pasado, tralas guerras, levaron a unha sociedade moito máis conservadora que a anterior e, en España, ao franquismo, que borrou o recordo das mulleres dos anos 20 e 30. Un libro da xornalista Raquel C. Pico remexe nas crónicas dos xornais e segue o fío de recuperar a memoria dunhas mulleres que cortaron o pelo, viviron con liberdade e reclamaron dereitos e formación.