Publicador de contidos
Publicador de contidos

Raquel Carrera marca o ritmo dunha España clasificada para os cuartos do Eurobásket

Raquel Carrera marca o ritmo dunha España clasificada para os cuartos do Eurobásket

Catorce puntos e oito rebotes da xogadora ourensá, a mellor sobre a pista no decisivo triunfo fronte a Grecia (76-60)

G24.gal 18/06/2023 21:24

A ourensá Raquel Carrera volveu ser a xogadora máis destacada da selección dirixida polo galego Miguel Méndez. Catorce puntos, oito rebotes, cinco recuperacións e unha valoración de 27. Boa achega de Paula Ginzo, con catro puntos en nove minutos de xogo. 

España tiña a primeira final no Eurobasket. Se perdía ante Grecia ía para a casa. Se gañaba, metíase como primeira de grupo e clasificada directa para os cuartos de final. O resultado (76-60) fala dun triunfo claro pero non foi ata o último cuarto cando conseguiu marcar diferenzas. 

O primeiro cuarto resultou moi igualado (20-18). No segundo puido romper o partido a selección española (33-20), pero desperdiciou a oportunidade, e as gregas volveron a meterse no partido. Aproveitaron os erros españois e conseguiron poñerse a dous puntos mediado o terceiro período (47-45). 

Nese momento de dificultade España mantivo a calma. Apareceron Casas e Ouviña e aguantaron sempre por riba no marcador. No último cuarto, as gregas notaron o esforzo e, pouco a pouco, foron cedendo terreo ata perder pola máxima diferenza do partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar